Programmation
Obal
      A música de Obal é trad, folk, atlántica e unha proposta virtuosa e innovadora.   Os seus instrumentos sorprenden pola súa singularidade, arroupados en directo por bombos, cordas octavadas e efectos, creando un power trío espectacular
Biografia
Discografía Logo de editar en 2019 Baile en Massó, un disco adicado ao Bal Folk, Obal publica en 2022 Posotopía, un traballo monográfico sobre o repertorio do gaiteiro José Manuel López “Gaiteiro do Poso”. Un gaiteiro dos Ancares para o que o baile era inseparable da música, creando así un contexto perfecto para os concertos de Obal.  Iván Costa, gaita e zanfona. Graba Ábrego como solista e gaña o trofeo Mc Crimon, as súas pezas son interpretadas en todo o mundo. Ademáis toca actualmente con Xabier Díaz e Sondeseu. Jaime Rebollo, nickelharpa e zanfona. Multiinstrumentista e luthier, iniciase no aprendizaxe da gaita e instrumentos de vento populares, participando en grupos e bandas folk como Celme, Violia, Painacana e Sondeseu. Diego Langarika, bouzouki e guitarra. Luthier e músico folk vangardista no seu xeito de interpretar a música de raíz. Na actualidade participa tamén en bandas coma en Sondeseu, Ghaveta ou Beatriz Martínez.  Obal participa nos mellores festivais de Bal Folk de todo o estado, como o Demanda Folk, Folkarria, Danzas sin Fronteras, Folkez Blai, FIM Moaña, Desdóbrate… colaboran habitualmente con mestras do baile como Mercedes Prieto, Sergio Cobos ou Monteira danzas do mundo

Horário

Quinta
Horário: 01:30 até 03:00
Espaço: Palco Feira
Actividade: OBAL (ES)
Organisation:
PédeXumbo est une structure subventionnée par:
En collaboration avec:
En étroite collaboration avec:
Radio officielle:
Partenaires Officiels:
Partenaires de communication:
Partenaires: